A cuarta edición do Memorial Mireya Dieste contará coa presenza da soprano moldava Clara Panas e do pianista galego Javier Ares

12 Novembro 2021

Estes 20 de novembro vaise celebrar en Rianxo a cuarta edición do Memorial Mireya Dieste. Virá da man da Irmandade da Música Galega en colaboración do Concello de Rianxo e celebrarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal a partir das 20.30 horas, coa intervención de Clara Panas (soprano) e Javier Ares Espiño (piano).

A reserva de localidades poderase facer no apartado de reservas da páxina web do Concello.

Como dixemos, nesta cuarta edición do memorial contase coa participación da soprano moldava Clara Panas e do pianista galego Javier Ares. Ambos interpretarán un repertorio integrado por compositores galegos e portugueses do século XIX e XX, creadores de cancións inspirados nos textos de Rosalía de Castro, Cuña Novás, Salvador Golpe ou Celso Emilio Ferreiro. Alén disto, o público poderá escoitar por primeira vez en Rianxo a canción Canta, paxariño, canta, con música de Frederico de Freitas e do ilustre veciño rianxeiro Faustino Rey Romero, no centenario do seu nacemento.

Mireya Dieste

Mireya Dieste, que morreu en 2015 aos cen anos, era sobriña do ilustre escritor rianxeiro Rafael Dieste, filla de Eduardo, un dos irmáns maiores do celebrado autor de A fiestra baldeira. Mireya-Magdalena, que residía en A Coruña, pasou boa parte da súa nenez en Rianxo e logo comezou un periplo polo mudo acompañada en primeira instancia polo seu pai, que era diplomático. Mireya foi unha intérprete moi destacada de piano. Render homenaxe ás súas importantes contribucións e ao seu legado é un dos grandes obxectivos do memorial rianxeiro que leva o seu nome.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.