A cidadanía de Noia xa pode colaborar na elaboración do Plan Municipal de Emerxencia contra a Seca

15 Novembro 2021

O Concello de Noia convida á cidadanía a participar na elaboración do Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco do Seca, dirixido, como indica a seu nome, a analizar, deseñar, desenvolver e pór en práctica medidas para mitigar as consecuencias da escaseza de auga no concello provocada principalmente polo cambio climático.

O Concello explica que “para a súa elaboración é necesaria a participación de todos os actores relacionados coa xestión dos recursos hídricos a nivel local”, ou sexa veciños, comerciantes, departamentos municipais e supramunicipais relacionados coa xestión da auga e das emerxencias… Quen queira contribuír coas súas propostas pode facelo a través do formulario habilitado en liña.

O Concello explica que a redacción do Plan supón “unha oportunidade para o Concello de Noia de contar cun instrumento básico de planificación e xestión ante os posíbeis episodios de seca ao longo dos anos, de maneira que se garanta o abastecemento á poboación e se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...