A Asociación de Empresarios de Ribeira fai un chamamento á responsabilidade en materia sanitaria durante as festas do Nadal

18 Novembro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un comunicado relativo ás vindeiras celebracións do Nadal e á necesidade de garantir o desenvolvemento seguro das mesmas no concello. A patronal fai saber que “nas continuas reunións que temos co Concello chegamos á conclusión que a ambas as partes preocúpanos o que poida acontecer nestas próximas festas e é por iso que queremos facer patente nosa preocupación e a do Concello, polas concentracións que o Nadal poida propiciar”. Por esta razón, a asociación fai un chamamento ao sector da hostalería e a restauración acerca da observación e o cumprimento das medidas anti-COVID.

E engaden no comunicado: “Asistimos con preocupación ao repunte dos casos de contaxio e é por iso que pedimos aos profesionais dos sectores afectados que respecten e fagan respectar as medidas hixiénico-sanitarias, así como que respecten estritamente os horarios de peche en función do que a licenza de que dispón cada un dos locais lles permita”.

Na información achegada, a patronal ribeirense pide ao Concello que “tome as disposicións necesarias para coas forzas da orde, para facer cumprir os horarios, porque agora máis que nunca é imprescindible. Nunca mellor que nesta ocasión o dicir, teñamos a festa en paz, gozar do Nadal con orde e evitaremos volver a situacións anteriores que ninguén desexa”.

Outros artigos

O BNG eleva ao Parlamento a falta de médicos en Ribeira

A deputada Rosana Pérez, rexistrou iniciativas no Parlamento galego co obxectivo de instar á Xunta de Galiza a dotar do número de profesionais sanitarios suficiente o centro de saúde de Ribeira. Dende o BNG denuncian que "malia os centos de anuncios e a propaganda do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...