A ARE deu a coñecer os gañadores da promoción Atopa As Tazas

15 Novembro 2021

A Asociación Rianxeira de Empresarios informou de remate da promoción #atopaastazas, un xogo-concurso que se foi desenvolvendo ao longo destas semanas nas redes sociais da ARE e que consistiu nun convite para que a cidadanía soubese identificar a situación exacta das cuncas co logo de Mercarianxo.gal (a plataforma de comercio electrónico impulsada pola ARE e o Concello). Estas cuncas foran previamente situadas nos escaparates de diferentes establecementos do termo municipal, da vila rianxeira e tamén das parroquias, integrados todos eles na asociación. Foron amosadas en fotografías nas redes convidando á veciñanza a descubrir onde se atopan exactamente.

Segundo informou a ARE, entre todas as persoas que responderon correctamente polo menos 8 dos 10 escaparates coas cuncas, elixíronse mediante sorteo os gañadores, obtendo como tales a:

-Rebeca Suárez Martínez.

-Rubén Marín Campos.

-Irene Fachado Vicente.

Cada unha destas persoas gañou un premio que consiste en:

1. Un vale de 75 euros para gastar nos negocios asociados a ARE.

2. Un vale de 25 euros para gastar en Mercarianxo.gal nun só pedido.

3. Lote de produtos promocionais.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.