A Andaina Pro Saúde Mental achega recursos para previr o suicidio a alumnos e profesionais do ámbito sociosanitario

26 Novembro 2021

A Andaina Pro Saúde Mental, con financiamento da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, prosegue estes días coas actividades de divulgación e formación do seu programa integral para detectar o risco de suicidio nas comarcas rurais de Ordes e Ulla-Sar, actividades que tamén abranguen o concello de Rianxo. Unha das liñas de actuación de dito programa céntrase na formación a profesionais do ámbito sociosanitario.

A través desta capacitación, a entidade pretende achegar a realidade do suicidio ao persoal social e sanitario que traballa con poboación vulnerábel, aportando información relevante para unha mellor abordaxe desta problemática.

Así, a entidade xa impartiu formación a profesionais sociosanitarios de Ordes, Rianxo e Rois os días 18, 19 e 24 de novembro, respectivamente. O persoal técnico de servizos sociais dos concellos pontevedreses de Valga e Pontecesures recibirán esta formación o vindeiro 15 de decembro.

A Andaina PSM tamén se dirixe aos futuros profesionais do eido do social, achegando esta formación ao alumnado universitario co obxectivo de mellorar o seu coñecemento sobre a conduta suicida. Os obxectivos, en palabras da entidade, son “reflexionar acerca dos mitos e o estigma asociados ao suicidio, dar a coñecer os factores de risco e de protección, e proporcionar información sobre os recursos existentes ante posibles situacións de risco”. Sen ir máis lonxe, o 22 de outubro a entidade impartiu esta formación ao alumnado do Grao en Traballo Social da Universidade de Vigo, en Ourense. Así mesmo, para o 14 de decembro, está prevista unha formación destinada ao alumnado do Grao en Educación Social da Universidade da Coruña. A asociación continúa traballando para seguir estendendo esta capacitación a outras facultades nas que se estudan disciplinas vinculadas ás ciencias sociais.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.