Zumba Noia e Concello de Lousame organizan clases de zumba para persoas adultas e para nenos e nenas de máis de 5 anos

Zumba Noia e o Concello de Lousame organizan clases de zumba para persoas adultas e para nenos e nenas de máis de 5 anos, que terán lugar a partir de novembro no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. As persoas que estean interesadas en participar deberán realizar unha preinscrición en www.bandoticket.com durante este mes de outubro.
As clases de Zumba Fitness para persoas adultas están dirixidas a maiores de 16 anos. As clases terán lugar os martes e xoves, de 20:00 a 21:00 horas. O prezo será de 10 euros/mes por un día semanal e 20 euros/mes por dous días á semana.
As clases de Zumba Kids están dirixidas a nenos e nenas de máis de 5 anos e terán lugar os martes, de 17:30 a 18:30 horas, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. O prezo será de 10 euros mensuais.