Xunta e Concello de Ribeira asinan o convenio para rehabilitar a “Casa Gran Sol” futura Biblioteca Municipal

28 Outubro 2021

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, asinaron este mediodía en Noia o convenio que vai permitir a rehabilitació do inmoble coñecido como “Casa Gran Sol”
para destinalo á nova Biblioteca Municipal.
En virtude do acordo, o Concello vai poder dispoñer de 893.736 euros do fondo de cooperación do IGVS para a reconstrución e ampliación do citado edificio, situado na rúa Galicia moi preto do mercado de abastos, co compromiso de repoñer dita cantidade nas próximas oito anualidades.
Cómpre lembrar que o edificio foi adquirido o pasado outono por 244.943 euros. Trátase dunha construción de carácter tradicional de muros de mampostería e forzados de madeira, cuberta a dúas augas e tella cerámica sobre entramado estrutural de madeira. Cunha antigüidade superior aos oitenta anos, o edificio sostén un interese
arquitectónico considerable, sobre todo a súa fachada principal.
A intención é rehabilitar o inmoble conservando a fachada principal e reformando a planta baixa e a planta alta coa fin de acadar unha nova distribución interior que permita albergar a biblioteca propiamente dita, así como salas de estudo, sala de informática e una espazo amplo de usos múltiples que posibilite a celebración de actividades culturais e de dinamización da lectura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.