O xoves Galicia perde a influencia das altas presións coa chegada dunha fronte fría activa pola tarde. Deste xeito, durante a mañá os ceos estarán con nubes medias e altas e a partir do mediodía os ceos iranse cubrindo polo oeste, con chuvias que serán localmente fortes e que irán chegando ao resto da Comunidade pola noite.
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente sur e irase intensificando co avance do día, con refachos fortes na segunda metade da xornada.

O NOSO MAR: Vento do sur, forza 5 a 6 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade boa á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á noite e oeste á tarde, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 03:00 | 1.5 m |
Preamar | 09:31 | 2.8 m |
Baixamar | 16:05 | 1.6 m |
Preamar | 22:27 | 2.6 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:52 | 1.6 m |
Preamar | 09:22 | 2.8 m |
Baixamar | 15:59 | 1.6 m |
Preamar | 22:19 | 2.5 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:56 | 1.5 m |
Preamar | 09:29 | 2.8 m |
Baixamar | 16:02 | 1.6 m |
Preamar | 22:22 | 2.5 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)