Xornada de cogomelos en Boiro (este sábado no Centro Social)

27 Outubro 2021

Este sábado 30 de outubro vaise celebrar no Centro Social de Boiro unha xornada divulgativa sobre cogomelos, sobre como recoñecer os que teñen máis presenza nos nosos montes, sobre os riscos de colleitalos sen coñecemento e sobre as propiedades culinarias e gastronómicas daqueles que si son comestíbeis. A xornada dará comezo ás 9.00 horas e será impartida por Saúl de la Peña Lastra, da Universidade de Santiago.
As prazas están limitadas a 40 persoas e as inscricións poden facerse no 698 175 543.
De 9.00 a 10.00 horas charla no Centro Social e de 10.00 a 18.00 horas saída guiada ao campo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.