Uns 350 combatentes loitarán no XX Torneo de Taekwondo “Cidade de Ribeira”

13 Outubro 2021

Uns 350 combatentes daranse cita esta fin de semana no pavillón de Palmeira ‘Alcalde Torres de Colomer” para loitar na vixésima edición do Torneo de Taekwondo Cidade de Ribeira: unha competición organizada polo club Natural Sport coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Taekwondo que albergará as modalidades cadete, junior e
senior.
Pablo Carou no nome do club organizador e máis María Sampedro e Javier Sampedro como primeira tenente de alcalde e concelleiro de Deportes deron a coñecer as características deste certame, a primeira competición na especialidade a nivel autonómico na que será posible que accedan os espectadores dende a irrupción da pandemia.
Neste senso, Pablo Carou explicou que o aforo estará limitado a 250 persoas e os interesados poden apuntarse dirixindo un email a juanlunaturalsport@hotmail.com. Contémplase un donativo de 3 euros.
En canto ao torneo, tomarán parte un total de 50 clubs de toda España e a zona norte de Portugal. O sábado á mañá combatirán os deportistas pertencentes á categoría cadete; o sábado a tarde os senior; e o domingo á mañá os junior.
Pablo Carou agradeceu a colaboración de Concello e Federación e explicou que está en xestións coa Xunta de Galicia para ver a posibilidade de que os combatentes poidan loitar sen mascarilla.
Tanto María Sampedro como Javier Sampedro felicitaron ao Natural Sport por este vinte aniversario e animaron a que a veciñanza corresponda con este esforzo organizativo acudindo ao evento.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.