Unha persoa excarcerada en Porto do Son

09 Outubro 2021

Unha saída de vía na estrada AC-550 , O Son, deixou, esta mañá, unha muller ferida, que tivo que ser liberada polos bombeiros de Boiro e Ribeira.

Foi un particular quen, pouco antes das dez da mañá, informaba ao 112 Galicia dunha saída de vía nesta estrada, ao seu paso polo concello de Porto do Son, en concreto na parroquia de Noal. Segundo explicaba este particular, o vehículo saíuse da vía e rematou colisionando cun poste da luz. Ademais, engadía que no coche había unha persoa ferida e que non podía saír polos seus propios medios.

Así, de xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Porto do Son e a Protección Civil do municipio. Nese momento, os servizos sanitarios tamén comunicaban que se dirixía cara o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Xa no lugar, os Bombeiros de Ribeira comunicaron ao 112 Galicia que tiveran que excarcerar á muller, única ocupante do vehículo, que foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Ribeira e Boiro veñen de actuar nun accidente con atrapados na AC-550 ao seu paso polo Concello de Porto do Son. Bombeiros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.