“Un mundo “antisocial””. Pedro Pérez

04 Outubro 2021

PP.- Hoxe, 4 de outubro do 2021, ás 21:00 horas da noite de España, atópome escribindo este artigo sobre a caída das redes sociais desta tarde. Agora mesmo, nin WhatsApp, Instagram e Facebook funcionan, Telegram comeza a mostrar as primeiras fallas e só Twitter se mostra unha vez máis como a plataforma máis fiable. Arredor das 17:40 os hashtag #WhatsAppDown, # InstaDown e #FacebookDown convertéronse en tendencia na rede do paxaro azul. Millóns de persoas tuiteando sobre a caída das tres redes sociais máis utilizadas no mundo. Eu ante o caos e lendo todo desde o meu móbil fíxenme unha pregunta: que pasaría se deixasen de existir as redes sociais?
Nada mais lonxe da realidade, catro horas despois só Twitter segue funcionando e o resto de plataformas xa contestaron aos usuarios a través da plataforma azul pedindo calma para poder solucionar os problemas. E a verdade é que existen moitos problemas, xa non só para as empresas polo apartado económico, se non para tódolos usuarios pola súa dependencia destas redes. Multitude de tuits reclamando que volten a funcionar estas redes, incluso persoas que non utilizaban Twitter están sendo moi activos nestes momentos. Eu, botando a mirada atrás, penso en como vivían as persoas no pasado sen esta dependencia, así como cales son as principais cousas que se están a perder polo abuso das redes sociais.
Pois ben, sen ir máis aló, aos mais cativos escasas veces se vén xogando no parque ata altas horas do día, sen importar o que aconteza a seu redor e só desfrutando do momento. Agora nacen cunha Tablet ou cun móbil baixo o brazo, dispositivos electrónicos cos que pasan a maior parte do tempo.
As relación familiares tamén se vén perxudicadas nestes tempos tan dixitalizados. As redes sociais alteraron as relacións familiares ao permitir unha vía de comunicación cos parentes máis afastados, unha boa noticia, pero por outro lado prodúcese un afastamento con aqueles membros do fogar máis achegados. Cando as persoas poñen a súa atención nas pantallas, non manteñen conversacións co resto de individuos do seu redor. As redes sociais, que naceron co fin de comunicarse entre todo o mundo, están producindo o efecto contrario.
Por iso, agora, sentado en fronte do ordenador comezo a pensar en todo o bo que ten a vida e que ao mellor as redes sociais nos están cegando e nos impiden en gran parte poder desfrutar delas. Parece obvio, pero a saúde é o aspecto máis importante das nosas vidas; a familia, que baixo o meu punto de vista pódese definir como base fundamental da sociedade; a amizade, un círculo de persoas que nos transmitan confianza pode xerar en nos unha paz mental moi importante; e o tempo. Se existe un recurso polo cal todos deberíamos pelexar ese sería, sen lugar a dúbidas o tempo, que é incluso percibido como unha moeda, aínda que non ten prezo, sen embargo é moi valioso e ademais, non é renovable.
Entre esas cousas, e moitas máis, nunca incluiría ás redes sociais como un dos aspectos máis importantes na vida. Sen embargo, unha das cousas que menos importa está acaparando un dos elementos máis importantes: o tempo. O certo é, que no mundo no que vivimos agora mesmo, o uso das redes sociais está en auxe e é importante que os rapaces aprendan a utilizar as novas tecnoloxías para prepararse para o futuro máis preto e globalizado. E tras cinco horas sen redes sociais, percátome de que o que está claro é que existe unha gran dependencia na nosa sociedade das redes sociais, e paradóxicamante estase creando un mundo cada vez máis antisocial.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...