Un frouxo Cidade de Ribeira empata na casa fronte ao Cordeiro (1-1)

26 Outubro 2021


A Fieiteira acolleu o primeiro partido oficial na historia do Cidade de Ribeira como local. E a afección respondeu presentando unha gran entrada, pero o visto sobre o verde non estivo á altura das circunstancas. Os de Manuel Ángel non conseguiron pasar do empate fronte ao Cordeiro. Un gol de Jonathan Vieites logo dun erro da defensa branquiazul adiantou aos de Valga. Anthony aproveitou un mal despexe do porteiro visitante para poñer o definitivo 1-1 nun partido no que o Cidade de Ribeira segue sen ilusionar.
Xa nos primeiros minutos se notou que non ía a ser o día dos de Santa Uxía. Continuas imprecisións e perdas de balón en zonas perigosa, sumadas a un ritmo apático e lento provocaron que os visitantes se adiantaran por mediación de Jonathan Vieites no 10’, rematando por debaixo das pernas de Lijó un rexeite dentro do área.
Lonxe de amilanarse, o Cordeiro seguiu presionando en zonas nas que podía facer dano. O Cidade de Ribeira non encontraba a forma de sortear a presión de formar limpa. Pero un centro de Xenxo ao segundo, no que o gardarredes visitante fallou, permitiu a Anthony anotar en boca de gol o que supoñía o 1-1. Aguado, intermitente durante todo o encontro polo bo planteamento táctico visitante, tivo nas súas botas o 2-1 antes do descanso, pero seu disparo
foi despexado por Busto.
Logo do paso polos vestiarios a tónica do encontro non cambiou. Os locais dominando o balón, pero sen crear ninguna ocasión de perigo, e o Cordeiro lanzando rápidos contraataques que quedaban en nada a través de Samuel Castro. Nin sequera a entrada do xuvenil Pepe, que entrou moi enchufado ao campo, permitiu ao Cidade de Ribeira conseguir os tres puntos.
Con este resultado os de Santa Uxía sitúanse na quinta posición con 4 puntos en dous partidos. O domingo visitan ao Praíña.

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...