Un ferido nun accidente en Boiro

31 Outubro 2021

Pasados uns minutos das doce deste mediodía, os Bombeiros de Boiro contactaban co 112 Galicia para informar dun coche accidentado na DP-1105, en Cures e cunha persoa no seu interior.

Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron axiña ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil. Así mesmo, os Bombeiros de Ribeira, nada máis ter coñecemento do suceso tamén se desprazaron ao punto.

Con todo, unha vez no lugar, os Bombeiros de Boiro confirmaron que a persoa estaba liberada, unicamente tiveron que usar os medios para abrir as portas do vehículo, sen ser preciso ter que excarcerar.  

Os servizos sanitarios encargáronse do traslado da persoa ferida.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.