Un competitivo Rotogal Boiro Voleibol dá a talla a pesar da derrota na cancha do Unicaja Almería


O Rotogal Boiro Voleibol deu unha boa imaxe na súa visita á cancha do Unicaja Almería, un dos candidatos ao título da Superliga de Voleibol. Con todo, os pequenos detalles privaron aos da Cachada de rabuñar algún set na súa visita a terras andaluzas.
Os de Marcelo Benavídez foron de menos a máis, pero acabaron perdendo por 3-0.
Unha semana máis, o Rotogal Boiro Voleibol ofreceu moi boas prestacións na recepción, factor crave para competir en canchas tan difíciles como a de Unicaja Almería. Con todo, evidenciaron que índa teñen marxe de melloría no bloqueo-defensa, aspecto que non foi unha das virtudes dos da Cachada en terras andaluzas. Con todo, os de Marcelo “Chinés” Benavídez aguantaron o tipo #ante un dos rivais máis potentes da competición e, no caso dos dous primeiros sets (25-19 e 25-20), só cederon en dous pequenos momentos de desconexión que permitiron que os locais cobrasen unha lixeira vantaxe.
No terceiro set, o Rotogal Boiro Voleibol mellorou en termos de concentración, aumentou a súa competitividade e espremeu a un Unicaja Almería que só puido decantar a balanza ao seu favor nalgún pequeno detalle (25-23).

Unicaja Almería, 3: Juanmi González, David López Alacio, Pavel Kukartsev, Javier Jiménez, Mikel Fornés, Andrés Portero y Francisco Fernández (líbero). También jugaron Jovanovic, Jorge Fernández y Francisco Sáez (líbero).
Rotogal Boiro Voleibol, 0: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). También jugaron Ismael Martínez y Jose García.
Sets: 1-0 (25-19), 2-0 (25-20) y 3-0 (25-23).
Árbitros: José Luis Mira y Fernando Cerrato.
Incidencias: Partido disputado en el Pabellón Moisés Ruiz de Almería.