Un arrastreiro de Vigo, remolcado a Castletownbere

31 Outubro 2021

Antón Luaces.- O arrastreiro vigués Armavén Tres  está a ser remolcado cara ao porto irlandés de Castletownbere polo tamén arrastreiro galego Piedras, de bandeira británica, que navegaba nas proximidades cando o primeiro quedou ao garete a causa dos destrozos ocasionados no seu sistema electrónico por unha onda que se abatiu sobre a ponte do barco.
O incidente produciu unha fonda alarma entre os familiares dos dez tripulantes galegos do Armavén Tres. Este emitiu o sinal de auxilio por avarìa. Na súa axuda acudiu o citado Piedras e o helicóptero Rescue 115 do servizo irlandés de rescate marítimo cuxos tripulantes poideron manter contacto fónico co patrón do barco de Vigo quen confirmou que os dez tripulantes estaban sans e salvos e que ían ser remolcados cara ao xa citado porto irlandés onde teñen a súa base a maior parte dos barcos que faenan nesta zona do Gran Sol.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...