Todo listo para levantar o pano da 22 edición da Mostra de Curtas Vila de Noia

05 Outubro 2021

Os focos da cultura galega e internacional volven dirixirse este outono á vila de Noia, onde está a coller corpo a nova edición (a número 22) da Mostra de Curtas, que se desenvolve entre este xoves 7 de outubro e o vindeiro martes 12, unha vez máis co Coliseo Noela como centro de operacións (e de proxeccións, todos os días a partir das 20.30 horas). Segundo confirmou Cultura do Concello, xa podemos adquirir as nosas entradas a través da Rede, en Ataquilla.com.

A edición deste ano vén cargada de novidades importantes, máis alá dos esforzos dos organizadores por adaptar o certame (con éxito) ás esixencias sanitarias da loita anti-COVID e garantindo a seguridade do público e, en xeral, de todas as persoas participantes.

Entre as novidades atópase a repercusión que está a acadar o cartel deste ano, obra do artista Rubén Lucas García, que é en si mesmo unha homenaxe dupla: ao audiovisual como fórmula para facernos fortes fronte a calquera tipo de crise, e á vila de Noia (representada con algúns dos seus principais símbolos identificativos) e o seu compromiso irrenunciábel coa creación e a promoción cultural.

Este ano a recibíronse na Mostra de Curtas 1.200 traballos chegados dende diferentes países. Dese total o xurado seleccionou 42, dos que sairán as curtametraxes finalmente galardoadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.