Tarde- noite de temporal e incidentes polo mal tempo. Rianxo e A Pobra os mais afectados da comarca

03 Outubro 2021

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) ven de rexistrar, entre as 18:00 horas de onte e as 07:00 desta mañá, un total de 211 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa debido á alerta amarela decretada na nosa Comunidade por choivas e vento.

A Pobra Estrada de A Mercé. Accidentes y noticias

Os concellos costeiros da Pobra do Caramiñal e de Rianxo foron os que rexistraron máis incidencias, un total de 15. Na Pobra, a maioría delas foron por mor de bolsas de auga no lugar do Xobre-Maño, en canto que na localidade rianxeira houbo varios avisos por árbores nos carrís da AG-11 e da estrada comarcal AC-553.

Tamén se rexistraron caídas de árbores noutras estradas da comarca como na DP5605 no Concello de Outes. que obrigou a intervir a unhaotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro. Nas cidades de Santiago de Compostela e da Coruña tamén houbo consecuencias meteorolóxicas, con 9 e 5 incidencias rexistradas, respectivamente.

Outes caída de árbores. Bombeiros Boiro

Por provincias, Pontevedra foi a máis afectada con un total de 99 incidencias, seguida da Coruña con 84. En Lugo e Ourense os efectos foron máis leves, onde se contabilizaron 22 e 6 incidencias respectivamente. En canto ás tipoloxías protagonistas, na meirande parte do territorio galego, a principal foi a de restos de árbores e pólas na estrada (98), seguida por restos de accidentes e obxectos na vía (14) e polo risco de inundacións en vivendas (13).

En canto aos termos municipais desde os que se recibiron máis alertas de incidencias no 112 Galicia, na provincia pontevedresa destaca a cidade de Vigo con 25 incidencias xestionadas, A Estrada con 7 e Pontecaldelas ou Lalín con 4. Así, nas primeiras horas da madrugada, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares que informaban de asolagamentos en diversas rúas da cidade olívica coma a Avenida da Gran Vía, Puxeiros ou Ramón Nieto. Xunto a estes avisos, tamén se tivo constancia de diversos obstáculos na VG-20 e na AP-9 ao seu paso pola cidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...