Suma Ribeira propón a creación dunha Mesa Municipal de Transporte Público que dea resposta urxente ás demandas deste servizo

14 Outubro 2021

Suma Ribeira vén de anunciar que vai reclamar, no vindeiro pleno, a creación dunha Mesa Municipal do Transporte Público que “dea resposta urxente ás necesidades deste servizo básico”. A agrupación considera “preocupante o incremento de queixas xustificadas nos últimos tempos respecto das prestacións deste transporte no concello”.

Estes son os puntos que serán defendidos no pleno polo grupo cidadá:

1- “Que se constitúa unha Mesa Municipal do Transporte Público, aberta á participación de todos os partidos políticos e forzas sociais”.

2- “Que se lle dote dos medios necesarios para a elaboración dunha análise exhaustiva sobre a situación actual do transporte público municipal e intermunicipal”.

3- “Que se elabore un proxecto a curto, medio e longo prazo, que estableza o itinerario a seguir na procura dun transporte público de calidade que dea resposta eficaz ás necesidades reais da nosa poboación e contribúa á redución da contaminación, así como á concienciación e sensibilidade medioambiental das nosas veciñas e veciños”.

Para Suma Ribeira, o Concello, como “institución máis próxima aos cidadáns e cidadás”, debe “dar exemplo” e, por tanto, “debe ser quen vele e fomente polo uso do transporte público, para o que debe garantir que os servizos do mesmo: horarios, puntualidade, itinerarios, frecuencias, accesibilidade, renovación de frota sexan os acaídos ás necesidades da vila e da poboación”.

A través do seu voceiro, Xurxo Ferrón, Suma Ribeira lembrará no pleno as moitas e beneficiosas repercusións de ter e usar un transporte público de calidade, entre elas:

– O fomento da equidade social, contribuíndo á diminución da exclusión social.

– A potenciación do equilibrio territorial, facilitando a comunicación ás zonas con menor densidade de poboación.

– Favorece a autonomía das persoas con problemas de mobilidade.

– Redución da conxestión na circulación de vehículos e do número de accidentes de tráfico.

– Redución da contaminación ambiental, e implicación persoal na colaboración coa mesma.

– Posibilita a redución do tráfico nos centros das vilas e facilita a creación de zonas de preferencia peonil.

Segundo Suma Ribeira, malia que “vén sendo un problema crónico no noso concello, e non só do noso concello, a falla dun transporte público que cumpra cuns necesarios estándares de calidade”, resulta “preocupante ver como ultimamente medran as queixas e críticas xustificadas sobre a prestación deste servizo público, de aí que urxa a adopción de medidas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.