“Seguridade nos portos de Malpica e Barizo”. Antón Luaces

19 Outubro 2021

​O PP votou en contra, no Parlamento de Galicia, unha proposición non de lei do PSdeG para lle reclamar á Xunta “tratar a todos os concellos do mesmo xeito, independentemente da cor política que goberne o municipio”.

O PP propuxo votar por separado unha iniciativa socialista que incluía amáis a mellora da seguridade nos portos de Malpica e Barizo, apartado que sí foi aprobado.
O parlamentario socialista Martín Seco, que denunciou ese voto en contra, manifestou que o PP se retrata ao negarse a reclamar un trato equitativo dos concellos galegos.e criticou o desinterese amosado polo goberno galego para a mellora da seguranza dos portos citados desde o falecemento na dársena malpicana do patrón dunha embarcacvión local vai tres anos. Lembrou o “abandono” do Executivo autonómico deste concello, que posúe “o maior porto pesqueiro de baixura da Costa da Morte”.

Pola iniciativa aprobada este martes, o Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a levar a cabo con premura os investimentos necesarios na dársena do porto de Malpica e Barizo  e no dique de abrigo, amáis do apuntalamento do treito de acceso da dársena para vehículos pesados.

Na súa proposición no de lei, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia afirma que “as condicións de acceso á dársena do porto de Malpica son de moito perigo  aínda despois das instalacións de comportas que xeran unhas correntes que complican a circulación das embarcacións, con múltiples accidentes e danos na dársena, nas embarcaciónsw e nos mariñeiros”. E engade que malia os contínuos anuncios da Xunta de galicia sobre as melloras na dársena  seguimos á esperar polas ditasb actuacións.

Outros artigos

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

+

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

+

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.