Sanidade chama a doar sangue porque son necesarias entre 400 e 500 doazóns diarias para o labor dos hospitais

14 Outubro 2021

A Consellería de Sanidade convida á cidadanía para doar sangue e lembra que é necesario obter entre 400 e 500 achegas diarias para posibilitar o labor asistencial dos hospitais galegos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu este xoves pola mañá a doar sangue á unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ( ADOS) que visitou o edificio administrativo da Consellería en San Lázaro. No acto estivo presente a directora de ADOS, Marisa López García.

Sanidade lembra a importancia de doar sangue, posto que “a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos supón obter unha cifra de entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias” co fin de “posibilidade o adecuado desenvolvemento do intenso labor asistencial dos hospitais da rede sanitaria pública galega”.

Con todo, resalta o “carácter solidario” da cidadanía galega porque, incluso o pasado ano marcado pola pandemia da Covid-19, “non freou a xenerosidade e compromiso” dos habitantes de Galicia porque a Comunidade galega, subliña, “consolidouse como a terceira do Estado en rasa de doazón de sangue”.

Por iso, o departamento sanitario galego agradece a todos os que achegaron a súa “inestimable colaboración e compromiso co solidario xesto da doazón” e lembra que se trata dun “chamamento xeneralizado a todos os doantes”.

LUGARES E DATAS DE DOAZÓN

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.