Sábado con ceo principalmente despexado e temperaturas sen cambios

22 Outubro 2021

O sábado Galicia manterá a influencia das altas presións con vento de compoñente sur. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes de tipo medio e alto na metade oeste pola tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

O domingo emporamento transitorio e así teremos aumento de nubes e chuvias que comezarán pola costa . As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:103.5 m
Baixamar12:170.8 m
Preamar18:263.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar06:013.5 m
Baixamar12:070.8 m
Preamar18:173.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:063.5 m
Baixamar12:130.8 m
Preamar18:223.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Sábado con chuvascos e baixa da temperatura

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións que se situarán ao norte da Comunidade, deixando unha xornada de chuvascos localmente treboentos máis intensos no litoral e que irán a menos co avance da tarde, sendo pouco probables no interior pola noite. A...

+

Venres con chuvias mais intensas pola tarde e baixa das temperaturas

Unha fronte asociada a unha borrasca centrada moi cerca de Galicia deixará ceos nubrados,con precipitacións que pola tarde serán máis intensos e poderán vir localmente acompañados de sarabia. A cota de neve baixará durante o día e pola noite quedará arredor dos 1200...

+

Xoves regresan os chuvascos e e baixan as temperaturas

Aumenta a inestabilidade atmosférica durante este día, con entrada de aire frío en capas altas. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados e chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...