Rilo e Penadique achegan en Rianxo, con historias de medo, un especial pre-Samaín

04 Outubro 2021

Este xoves 7 de outubro as 18:00 horas, vaise celebrar en Rianxo, ao abeiro do programa de actividades Xoves da Biblioteca, o espectáculo Historias con susto para durmir a gusto. Será unha función para crianzas de de partir de 4 anos comandada polo dúo de narradoras orais Vero Rilo e Sonsoles Penadique, integrantes de Rilo & Penadique.

As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 ata as 20.00 horas do mércores 6 de outubro.

A reserva será efectiva cando se confirme dende a biblioteca municipal de Rianxo.

En Historias con susto para durmir a gusto, Vero e Penadique enfocarán o seu talento (xeralmente centrado na recuperación de historias tradicionais da nosa terra onde as grandes protagonistas son as mulleres e, tamén, os oficios que estas desempeñaron durante séculos) nas historias de medo. Será, indican, “un especial Samaín para vivir en familia, no que preparamos o ambiente para ofrecer a nosa mirada sobre as historias de sempre, desas de antes de ir durmir…”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.