“Reino Unido e Francia manteñen a desputa pola pesca na Canle da Mancha”. Antón Luaces

30 Outubro 2021

A partires do martes, 2 de novembro, Francia aplicará ao Reino Unido novas medidas tendentes a prohibir ós barcos pesqueiros británicos desembarcar as súas capturas nos seis portos franceses  (Cherburgo, Granville, Barneville-Carteret, Boulogne-sur-Mer, Le Havre e Brest)  afectados pola decisión británica de non conceder o total das 122 licenzas de pesca solicitadas por distintos portos galos. As represaliaspoden vir asimesmo pola vía do reforzo dos controis sanitarios e aduaneiros, controis dos camjións que van e veñen do Reino Unido e controis de seguridade sistemáticos dos buques británicvods. Será así se o goberno do Reino Unido  non resposta antes ás solicitudes das licenzas de pesca definitivas na zona de 6 a 12 millas e para as augas da illa de Jersey, tal e como establece o Acordo de Comercio e Cooperación asinado entre a UE e o Reino Unido o pasado 24 de decembro. 

As acusacións mutuas entre o primeiro ministro británico Boris Johnson e o presidente francés Emmanuel Macron de incumpriren o acordo comercial post-Brexit, leva a Francia a formular a posibilidade de aplicar represalias ao Reino Unido se este non asina os permisos para a pesca aos seus barcos. O goberno francés reacciona así ao feito de que o Reino Unido asinara só 12 das 47 solicitudes de licenza de pesca a barcos de menos de 12 metros de eslora en augas do Reino Unido, a quen Francia acusa de tomar ao sector pesqueiro galo coma un “refén” e mesmo advirte de “accións de represalia” tras a decisión..

Trátase, sen dúbida, dunha guerra pesqueira na  Canle da Mancha unha vez que o Reino Unido emitira licenzas baseadas na proba do historial de pesca dos barcos nas súas augas territoriais, en liña do acordo de Brexit.A desesperación por esta situación é  evidente nos profesionais -homes e mulleres- que dependen da pesca para se gañaren a vida. Os pescadores franceses de Boulogne-sur-Mer non entende por que o Reino Unido só aprobou esta semana 12 desas 47 licenzas, máis as 75 pedidas por outros tantos barcos franceses que a illa de Jersey rexeitou. 

A este repecto o comisario de Pesca da UE, Virginijus Sinkavicius, afirmou descoñecer por que se toman estas decisións, engadindo que a Unión Europea vai traballar coas autoridades francesas para que a información que talvez poida faltar  chegue o antes posible ás persoas afectadas. Para o comisario, as accións do Reino Unido son contrarias  ao acordo posterior ao Brexit, e ameaza con tomar medidas de represalia se o Reino Unido non resolve o conflito con rapidez.

Non é esta a primeira desputa entre Londres e París. Hai antecedentes, como por exemplo, as xa coñecidas ridas da migración e a aplicación de corentenas aos seus cidadáns , que foron causas de serios enfrontamentos verbais e asdministrativos.

Outros artigos

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

+

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

+

“Cento setenta e sete formas de nomear a chuvia”. Alberto Barciela

Como corrixir a chuvia, como inquietala. Esta reflexión sitúanos ante a paradoxa dun elemento que, sendo indómito, se volve íntimo a través da palabra. A experiencia, cando é persistente e profunda, fai pródiga á mente humana, obrigándoa a buscar na linguaxe a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.