“Quero dar as grazas”. Manuel Dominguez III

17 Outubro 2021


Se eu fose xordo non podería escoitar o trinar dos paxarillos no campo, ou o forte bramido do mar furioso na costa, se fose xordo non podería escoitar a música celestial de Beethoven ou Dvorak, non podería escoitar as túas doces palabras de amor, rompendo o silencio da noite, o pranto da miña filla solicitando axuda. Escoitar falar o vento no seu ulular
Se fose cego, non podería ler os belos versos de Pablo Neruda, ou Machado, non podería ler as túas cartas de amor, e non tería os centos ou miles de libros que dan vida ao meu fogar, os libros os meus vellos e adorados amigos, os meus fieis compañeiros.
Se fose cego non podería gozar do sorriso do meu fillo chiquitín, non podería ver o teu belo e nobre rostro, o agasallo divino do amencer ou do orto, non podería gozar de todo o que a natureza me regala día a día.
Se fose mudo, non podería dicirche aquilo de “díxenche que che quería, mais non che dixen canto”, non podería narrarche os versos máis belos que escribiu o teu poeta, non podería amigo meu dicirche quéroche, Se fose mudo descoñecerías as miñas palabras, non podería transmitirche o que sinto, narrarche todo aquilo que aprendín e descoñeces Dou grazas á área de Broca e Wernick pola súa eficacia
Por todo iso dou grazas á vida, son agradecido co tempo por permitirme estar vivo e sensible. Dou grazas ao meu hipocampo que garda a memoria, por non esquecer os vellos e belos recordos, que hoxe condimentan o meu tempo de soidade.
Grazas ás miñas mans que me permiten poñer negro sobre branco o que penso. Grazas ao meu olfacto por percibir o aroma da túa pel, o perfume sempre desexado das rosas, e os xasmíns, percibir o salitre do mar, cando este golpea os cantís.
A miña voz persoal e intransferible, dicirche grazas, polas túas palabras, polo teu sorriso, por escoitarme, por preocuparche por min, aínda na distancia, dicirche grazas por aínda sen coñecerme, confías nas miñas palabras, fíasche das miñas fieis letras, fieis á realidade, froito ás veces das miñas análises, outras dos meus sentimentos.
Por todo iso grazas a ti e á vida, ambas, pois unha sen outra non tería sentido.
Grazas ao neno que fun, que constrúo o home que son.

Outros artigos

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudaseconómicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nosdiarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son)...

+

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva,...

+

“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago

Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

Es la oración fúnebre que esta rapaza pronunció al final del funeral en Huelva por las víctimas de Adamuz. Hay discursos memorables en el género oratorio y yo añado el que pergeñó esa hija de una de las víctimas del accidente ferroviario. Mostró ánimo muy grande y...

“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez

“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez

Desahucio si, desahucio no. Has invertido tus ahorros en una segunda casa para intentar garantizar tu futuro, como una ayuda extra a la pensión escuálida. Entregaste la entrada, y ahora con el alquiler la vas pagando. Resulta que el inquilino por h o por b, queda con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.