Pulo definitivo ao proxecto para rehabilitar o estaleiro de Hermida, en Noia

28 Outubro 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estivo este 28 de outubro en Noia para asinar os convenios correspondentes á última convocatoria do Fondo de cooperación de rehabilitación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento de apoio financeiro a concellos de menos de 50.000 habitantes para proxectos de recuperación do patrimonio construído. En virtude disto, o Concello de Noia levará a cabo unha reforma completa do antigo estaleiro de Hermida grazas aos 400.000 € do préstamo que lle concedeu o IGVS este ano. O obxectivo é reconverter as instalacións na nova sede do Club do Mar. As instalacións acolleron o acto de sinatura entre a conselleira e o rexedor, Santiago Freire.

Na cita, a conselleira lembrou as dificultades coas que se atopan decote os Concellos á hora de obter financiamento para “poder levar a cabo proxectos do seu interese”. Por iso, e “co fin de completar o actual Fondo de cooperación de rehabilitación”, a Xunta “porá en marcha o vindeiro ano un segundo programa de préstamos de apoio ás entidades locais”, dixo.

Na listaxe de proxectos apoiados a través da convocatoria actual atópase a reconstrución e ampliación do inmóbel número 93 da rúa de Galicia (a Casa Gran Sol) con fin de adicalo a edificio administrativo e de usos múltiples e biblioteca municipal. Este proxecto será obxecto de 893.736,64 euros.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.