Portos comprométese con Outes a arranxar os peiraos flotantes do Freixo co inicio do ano e a parada da campaña marisqueira

06 Outubro 2021

Este martes 5 de outubro celebrouse en Santiago unha xuntanza de traballo entre o alcalde de Outes, Manolo González, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para tratar a tardanza no arranxo dos peiraos flotantes (pantaláns) do porto do Freixo. González trasladou á presidenta o malestar dos usuarios das instalacións, en particular dos mariscadores e mariscadoras, “polo mal estado das mesmas”.

Segundo a información transmitida pola presidenta ao rexedor, o atraso nos traballos previstos de arranxo debeuse “a problemas técnico-administrativos previos ao inicio das obras, aínda que estas xa están contratadas dende hai meses”. Dese xeito, engadiu, “aínda que as actuacións xa se poderían comezar, prevese que non comecen até xaneiro, aproveitando a parada da campaña marisqueira”. Dende o Concello agardan “que non se produzan máis demora e que se inicien de vez estas obras tan necesarias”.

Por outra banda o alcalde de Outes fixo chegar á presidenta de Portos a necesidade de acometer melloras estruturais no paseo marítimo do Freixo, en particular nas pasarelas de madeira que comunican a zona dos peiraos flotantes co centro náutico. Nese sentido, González suliñou que o Concello acometerá en breves unha actuación de mantemento nesta infraestrutura, “pero polo que estamos a comprobar, axiña serán necesarias tamén actuacións de carácter máis estrutural na mesma, labores que entendemos que debe asumir Portos”. Finalmente, González e Lenguas tamén trataron a posibilidade de mellora da fachada marítima do Freixo, traballos que irían na dirección de humanizar e reordenar o tráfico nesta zona, que, segundo fixo saber o rexedor, “ten un crecente potencial turístico e de lecer”.

Por último González quixo agradecer a atención amosada por Susana Lenguas ante as cuestións tratadas e agarda que “a colaboración entre Concello e Portos sexa proveitosa para ambas as dúas institucións”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.