“Pescar plástico no mar do Barbanza”. Antón Luaces

21 Outubro 2021

​”Jenny” é, hoxendía, moito máis que o nome dunha muller. Agora é tamén o nome dun sistema de recollida masiva de plásticos que aboian no mar polo que é posible retirar do espazo marítimo grandes cantidades dese lixo e proceder seguidamente á súa reciclaxe. 
A ONG estadounidense Ocean Cleanup responsabílizase da posta en marcha deste sistema moi semellante á pesca de arrastre para a captura de plástico só na superficie mariña, trocando o peixe polo refugallo plástico, elemento de imprescindible eliminación se, como xa se ten dito en múltiples ocasións, resulta absolutamente necesario eliminar cando menos o 90% desa inmensa illa de plástico frotante que existe no Océano Pacífico, unha das cinco grandes acumulacións de material plástico que existen nos mares do planeta Terra. Tal eliminación debe ser unha realidade non máis aló do ano 2040, paso previo á aplicación aos devanditos refugallos doutro sistema que permite reciclar ese material para fabricar novos obxectos.

O sistema “Jenny” vai atoado a dous barcos  que turran da rede por cada un dos estremos deste aparello que ten forma de ferradura que engule todo o lixo frotante pola parte aberta ou boca da rede semellante a, como xa se ten dito, un aparello de arrastre cuxo cope vai acollendo todo canto plástico “succiona” o devandito sistema.

As probas do equipo foron realizadas o pasado mes de agosto na gran illa de plástico do Pacífico xa citada para coñecer, en primeira instancia, se era quen de recolleitar grandes cantidades de lixo plástico. A proba foi altamente favorable porque “Jenny” acadou sacar nove toneladas de lixo do Pacìfico sen ningún tipo de contratempos, o que evidencia -afirman os impulsores do “invento”- que este pode ser de aplicación para retirar do mar o lixo que tanto o prexudica desde o punto de  vista medioambiental.

As Rías Baixas galegas e. neste caso concreto, as de Arousa e Muros-Noia, poderían ser perfectas para a realización de probas semellantes, dada a alta concienciación que os seus habitantes teñen sobre o prexuizo que o plástico está a ocasionar tanto á fauna como á flora e que. amáis, tan pouco grato resulta para quen, durante o verán , visita e usa as praias do litoral barbanzano.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.