Pesar en Ribeira polo falecemento de Andrés Ruiz Pedrayes, pai do alcalde Manuel Ruiz

17 Outubro 2021

Andrés Ruiz Pedrayes, o pai do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, faleceu onte aos 96 anos de idade. Os seus restos mortais serán trasladados ás 21.30 horas desde o tanatorio do Barbanza, en Xarás, ata o crematorio, onde será incinerado na intimidade familiar. O martes, ás 20.30 horas, celebrarase unha misa na súa honra na igrexa de Santa Uxía.

Nacido en Cariñena (Zaragoza), Andrés Ruiz trasladouse a Ribeira hai 70 anos para formarse no ámbito farmacéutico. Puxo en marcha a primeira botica de Carreira, aínda que posteriormente trasladouse á cidade ribeirense, onde a farmacia que el fundou aínda continúa aberta na rúa Rosalía de Castro. Fillo, neto e bisnieto de farmacéuticos, deulle continuidade a unha saga que hoxe segue a través de dúas novas xeracións da familia Ruiz.

Desde a súa farmacia, Andrés Ruiz desenvolveu unha das súas virtudes, a solidariedade, sobre todo nos anos de maior penuria económica, concedendo prazos aos veciños para abonar as súas medicinas e mesmo dándollas de forma gratuíta a aqueles que máis necesidades tiñan.

Afeccionado á pesca, foi un dos socios fundadores do Club Náutico de Ribeira, unha entidade que xurdiu na cafetería María, á que el era asiduo. Entre os seus pasatempos estaba tamén o dominó, pero a gran paixón de Andrés Ruiz foi a de seguir aos seus fillos, sobre todo durante a súa etapa como xogadores de fútbol, para animalos en cada partido.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.