Os socialistas de Ribeira piden que se mellore a seguridade e a usabilidade das pistas deportivas de Deán

14 Outubro 2021

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, vén de presentar unha proposta para ser tratada no pleno relativa ás pistas polideportivas e o parque infantil de Deán, que se ben presenta un estado aceptábel no que se refire aos elementos de xogo (que foron renovados dende a súa inauguración), ten, segundo indican os socialistas, determinadas eivas nas diferentes partes e estruturas da pista deportiva, “que presentan un estado de deterioro e abandono que fan non xa complicado senón mesmo perigoso o seu uso”, explican.

No comunicado sinalan que “os aramados que constitúen o peche perimetral da pista atópanse soltos e nalgúns lugares rotos, co perigo de que alguén se enganche con elas e resulte ferido”. Amais, din, “os postes do peche perimetral atópanse vencidos, coa pintura esconchada e enferruxados, amais de soltos na súa base, con risco de esborralle e suxeitos soamente polo aramado do devandito peche”.

Por outra banda, a agrupación explica que “as portarías atópanse soltas, sen ancorar ao chan, co que a posibilidade de caída sobre un menor é un perigo evidente, coa posibilidade de que un feito como ese finalice en traxedia, como ocorreu noutros lugares”.

Por todo o devandito, piden o seguinte:

-“Que se realice a completa substitución do peche perimetral da pista polideportiva, realizándose esta con materiais que resulten mais acordes cos tempos actuais e que proporcionen á contorna un aspecto máis agradábel”.

-“Que se proceda á fixación dos elementos da pista polideportiva (porterías) de maneira que deixen de constituír un perigo potencial, así como ao repintado da pista incluíndo neste a zona adicada ao baloncesto”.

-“Que se proceda a humanizar e recuperar a contorna da fonte, que nestes momentos presenta un estado de deixamento e abandono que a converte en practicamente inutilizábel, sendo, como é, un espazo natural que poderían utilizar os veciños e visitantes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.