Os socialistas de Ribeira achegan unha proposta para mellorar a comunicación na rúa do Brañal

08 Outubro 2021

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro e portavoz José Manuel Vilas, presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativo á rúa do Brañal en Palmeira e ás queixas que segundo os socialistas están achegando os veciños acerca do servizo que ofrece esta vía pública, que presentaría, indican, “dificultades de circulación” a ter como única vía de conexión a AC-305 tanto de entrada de saída do lugar.

O PSOE reflicte no seu comunicado “unha posíbel solución ao problema”, no camiño público de Mondelo que comunica o lugar da Lomba coa zona do Brañal.

Estes son os puntos da proposición:

1.- A vía pública camiño do Brañal ten unha lonxitude duns 275 metros, dende o treito asfaltado no camiño de Pedriñas ata o tramo pavimentado na zona do Brañal.

2.- O camiño preséntase transitado por tractores e inclúe marcos e fitos ás beiras do camiño veciñal 9011 do polígono 35.

3.- O camiño facilitaría a comunicación entre a zona norte de Palmeira e a zona oeste, incluído o Grupo Escolar.

En virtude de todo o exposto, os socialistas instan ao Concello a “que se proceda a redactar un proxecto de pavimentado do camiño veciñal 9011, considerando a posíbel ampliación da vía actual; debido as necesidades veciñais, e de comunicación interior en Palmeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.