Os empresarios de Ribeira mostran a súa preocupación porque a nova Comisaría non se acompañe dun aumento de persoal

11 Outubro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira está a traballar arreo con outras entidades a prol do desenvolvemento económico, empresarial e social da cidade. No ámbito destas actuacións de colaboración e traballo en común con outras institucións, asociacións, plataformas ou organismos, a dirección da patronal ribeirense mantivo unha reunión informativa co SUP (Sindicato Unificado de Policía), para coñecer de primeira man a realidade e necesidades do corpo en Ribeira, agora que está próxima a inauguración da nova Comisaría de Policía Nacional.

Mediante o devandito encontro a patronal constatou unha situación que explica deste xeito: “De nada vai valer ter unha comisaría nova que cobre as necesidades operativas do citado corpo, senó se conta coa dotación do persoal necesario. A ninguén se lle escapa que esta nova instalación é máis grande cá anterior, que está configurada en dous andares e soto e que por tanto require de máis persoal para poder levar a cabo os servizos para o que se crea. O corpo policial que o conforma terá que atender xa non só os conflitos que se producen decote nas rúas, problemas de drogas, pelexas, actuacións nos pisos ocupados, altercados de diversa índole, roubos e demais delitos, senón que á súa vez teñen que dar servizo aos traslados aos xulgados, vixiar e atender aos encarcerados nas súas instalacións, asistir ao piso de encontro de nova creación sempre que é preceptivo, e outras de diversa índole que xa non enumeramos, pero que son moitas e variadas”.

Trala xuntanza, a Asociación de Empresarios de Ribeira mostrou a súa preocupación no déficil de persoal que afecta á dotación actual e que, segundo indican, seguiría afectando ao destacamento de Ribeira: “Preocúpanos que as instancias políticas ás que corresponde dotar do recursos humanos suficientes e que corresponden a unha comisaria desta índole, fagan o seu traballo e envíen os reforzos necesarios para o desenvolvemento desta actividade. Nos próximos días teremos unha reunión con todos os partidos políticos para axuntar criterios e apoiar todos unidos esta demanda, e co obxectivo de lograr que a tranquilidade nas nosas rúas, casas, lugares de lecer, e demais, poida estar garantida”.

A patronal convidou a esta xuntanza ás diferentes asociacións e entidades locais, co fin de que “fagan ouvir a súa voz para que sexa atendida”.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...