Os empresarios de Rianxo e a firma Triwus dan un novo impulso á plataforma Mercarianxo

13 Outubro 2021

A Asociación Rianxeira de Empresarios mantivo os días pasados unha xuntanza virtual co equipo técnico da empresa Triwus, Creación web e comunicación creativa para tratar novas ideas con vistas a impulsar, optimizar e rendibilizar a plataforma local de comercio electrónico Mercarianxo.

Entre outras cuestións, abordáronse novos xeitos de optimizar e facer seguimento da web en probas (unha páxina dinámica que se enriquece cada pouco de novas incorporacións, servizos, produtos e ferramentas) para facilitar a subida de produtos á mercarianxo.gal por parte dos vendedores e, tamén, para impulsar a realización de actividades e actuacións destinadas a captar novos vendedores e chegar a un maior número de clientes.

A ARE lembrou a plataforma está a disposición de tódolos negocios locais e consta de 3 seccións diferenciadas: un marketplace con gasto de envío gratis, un directorio de negocios e unha sección de hostalería na que os establecementos rianxeiros poden ofrecer unha carta virtual aos seus clientes así como os servizos de envío a domicilio ou recollida no propio local.

Outros artigos

O temporal deixou sen luz amplas zonas do concello de Rianxo

O temporal deste luns 26 de xaneiro xerou no Barbanza ducias de incidencias, cebándose especialmente co concello de Rianxo, até ben entrada a madrugada, rexistrándose (polas fortes chuvias e polos refachos de vento) caídas de árbores, desbordamentos (con estradas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.