O TSXG avala o plan de xestión das Illas Atlánticas aprobado pola Xunta

18 Outubro 2021

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou a demanda interposta por Naviera de las Rías Gallegas na que impugnaba a aprobación do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia en febreiro de 2019. Os maxistrados apoian tanto a forma como o procedemento seguido pola Xunta de Galicia na tramitación do documento. Na sentenza tamén avalan, en contra do criterio da parte demandante, que o director-conservador do parque nacional expida autorizacións para o acceso de grupos organizados, así como para o desenvolvemento de actividades de navegación, fondeo, amarre e atracada das embarcacións no parque nacional.

Os maxistrados destacan na resolución, contra a que cabe presentar recurso de casación, que o plan “xa advirte que no cómputo dos visitantes quedan excluídos os veciños das illas, o persoal adscrito ao parque nacional, os traballadores dos establecementos legalmente establecidos e o persoal de entidades públicas ou privadas que desenvolven no parque labores de restauración, mantemento, instalación e investigación debidamente autorizadas polo parque nacional”. 

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.