O quinto Trail San Silvestre de Lousame (o trail Castelo de San Mamede) estará aberto a 500 participantes

19 Outubro 2021

O Concello e o Club Lousame Deporte organizan a quinta edición do Trail San Silvestre Lousame 2021 Castelo de San Mamede, previsto para a mañá do domingo 26 de decembro. Un evento que abrirá as inscricións o venres 22 de outubro, ás 22:00 horas, en Emesports.

Segundo informaron, o V Trail San Silvestre Lousame 2021 volverá incluír dúas modalidades: un percorrido curto de 14 quilómetros de dificultade baixa e un trail longo de 25 quilómetros de dificultade media. Os prezos de inscrición serán de 15 euros para o treito curto e 18 euros para o longo. En ambos os dous casos, o número de prazas dispoñíbel é de 250, o que supón cen prazas máis ca na edición de 2020. As inscricións pecharanse ás 23:59 horas do 19 de decembro.

Todas as persoas que participen recibirán un agasallo da empresa Lurbel, principal patrocinador do Trail canda Construcións Fermín Simal SL, Hoka One One, 226ers, Gadis e Autos Comparado. Esta será a segunda vez que o trail San Silvestre de Lousame teña lugar na contorna do monte de San Mamede, despois de que as tres primeiras edicións foran na contorna das minas de San Finx.

O trazado será diferente ao do ano pasado, xa que a saída terá lugar no monte de San Mamede e a chegada será no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, que volverá ser o epicentro da proba. Así, a chegada terá lugar no polideportivo, onde volverá haber servizo de gardarroupa. Dende aí, os corredores serán trasladados a San Mamede por autocares de Autos Comparado para as saídas do Trail Longo (10:00 horas) e do Trail Curto (11:00 horas).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.