O PSOE de Ribeira solicita o arranxo da varanda do peirao de Castiñeiras

22 Outubro 2021

Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro José Manuel Vilas, presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo ao peirao de Castiñeiras, que, segundo sinala a agrupación, precisa dun acondicionamento nas varandas de protección. O PSOE pon o foco nos elementos do espigón portuario, que “presentan un deterioro alarmante, con risco de caer a cachos, e o que é peor, con risco de que poidan ocasionar feridas ou accidentes aos traballadores portuarios ou viandantes no contacto directo”.

Os socialistas engaden que “a falta de mantemento neste treito, se cadra debido ao esquecemento e coa axuda do vento do nordés, fixo que o óxido corroera o material da varanda, observándose descalzada e esconchada”.

En virtude de todo o devandito, a agrupación solicita o seguinte:

– Que comunique decontado a Portos de Galicia esta anomalía na infraestrutura de protección do peirao de Castiñeiras, que pode ser causa dun desgusto en calquera instante.

– Que se proceda ao recambio da varanda enferruxada, para así poder dotar ao porto de Castiñeiras dunha instalación necesaria para o desenvolvemento da actividade portuaria, e tamén que o lugar poda ser utilizado axeitadamente, e con seguridade polos mariñeiros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.