O PP di que as obras de Ponte Nafonso respectan “ao máximo” o patrimonio cultural

22 Outubro 2021

O Partido Popular de Galicia, a través da deputada Ana Belén García, achegou a súa postura sobre as obras de restauración que se están a levar a cabo na Ponte Nafonso, sobranceira construción histórica sobre o Tambre compartida polos concellos de Noia e Outes. Segundo fixo saber a deputada nunha intervención no Parlamento, estes traballos “respectan ao máximo o patrimonio cultural” e “servirán non só para poñelo en valor, senón que mellorarán a seguridade viaria”.

Ana Belén García explicou que a obra de reparación e posta en valor da ponte Nafonso está enmarcada no programa de control das pontes e obras de paso que está a desenvolver a Xunta, co fin de preservar a seguridade e alongar a vida útil destas infraestruturas. Esta actuación, dixo, suporá un investimento superior aos 700.000 euros e “permitirá poñer en valor esta ponte desde o punto de vista patrimonial, así como unha mellora da seguridade viaria de vehículos e, especialmente, peóns”.

En concreto, dixo,”a actuación que se está a desenvolver inclúe a retirada do pavimento de aglomerado bituminoso existente e substitución por un novo firme de lastro de granito; a retirada da vella barreira metálica e colocación dunha nova; limpeza dos paramentos exteriores da ponte; e novo alumeado da calzada e da estrutura da ponte”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.