O Portus Apostoli compartirá a súa longa experiencia en fútbol sala coas comunidades de A Misela e A Creba

27 Outubro 2021

O salón de plenos do Concello de Noia acolleu este martes 26 de outubro a presentación do acordo de colaboración entre as entidades Noia Portus Apostoli FS, Asociación Misela e A Creba Saúde Mental, a través do cal o dito club deportivo compartirá as vivencias do fútbol sala con ambas asociacións locais.
Segundo sinalaron, a cooperación estenderase durante todo o curso escolar e os integrantes das dúas asociacións recibirán clases semanais de fútbol sala. Amais, poderán compartir vivencias e experiencias con xogadores e técnicos do equipo noiés, arestora en segunda división. No acto estiveron presentes Laura Salgado, concelleira de Deportes, Javier Barreiro, Director Xeral do Noia FS, e as coordinadoras de A Misela e A Creba, Oliva Filgueira e Covadonga Rodríguez.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lonxe”. Xulio Xiz

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.