O Portus Aopostoli sae vivo de Mengíbar (1-1)

13 Outubro 2021

Un punto máis para o casilleiro do Noia FS. Aínda que isto supón que se rompa a racha de vitorias que traían os noieses, este empate resulta moi valioso logo do visto sobre o parqué. Os de Marlon Velasco tivéronse que sobrepoñer a dúas expulsións para conseguir o empate a 1.

Os noieses visitaban aos colista, o Mengíbar, que a pesar da súa posición na táboa clasificatoria é un dos favoritos da liga,e  viuse sobre a pista desde o primeiro minuto. Comezaba o encontro cunha gran intensidade e cun disparo de Rangel ao travesaño. Froito desta intensidade produciuse un encontronazo entre Bingyoba e Power que terminaba con ambos xogadores expulsados, deixando un 3 para 3 en pista. Sen maiores consecuencias chegouse ao final dunha primeira parte moi intensa.

Na segunda metade o Noia FS comezou con iniciativa e acercamentos, pero recibía outro mazazo coa expulsión de Pirata que viu a segunda amarela por unha entrada bastante dubidosa no centro do campo. O Mengíbar, con superioridade en pista, comezou a acercarse con perigo e xusto cando o Portus Apostoli recuperaba seu xogador, os locais adiantábanse por mediación de Nico Lachanga. A partir desde ese intre, os noieses buscaron insistentemente o gol do empate, e tras moitas ocasións, a falta de cinco minutos, Bruno Gomes recibiu un pase na zona de pivote, xirouse e batiu a Marco para poñer o definitivo 1-1.

Con este empate o Noia Portus Apostoli mantense líder da Segunda División con 16 puntos, con cinco vitorias e un empate, e aventaxa ao segundo clasificado o Peñíscola en catro puntos. Este sábado recibirán no Agustín Mourís a visita do Full Energía Zaragoza que marcha terceiro con 12 puntos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.