O Polígono de Espiñeira é obxecto de melloras nas súas infraestruturas viarias

05 Outubro 2021

O Concello de Boiro informou do comezo das obras para mellorar a infraestrutura viaria xeral do Parque Empresarial de Espiñeira. Estes traballos inclúen o pavimentado, a sinalización da rede viaria local e máis a dotación de beirarrúas. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, visitaron o lugar da actuación xunto co arquitecto municipal para coñecer as obras que se van executar.

Segundo informaron, “con esta actuación pretendese a mellora na vía de acceso ao polígono, xa que os vehículos pesados teñen verdadeiras dificultades para subir, en especial cando están cargados e chove, debido á excesiva pendente e mal estado do firme, véndose na obriga de parar na metade da pendente”.

As actuacións que se pretenden co desenvolvemento deste proxecto son como dixemos o pavimentado da vía principal de acceso ao complexo industrial boirense, a sinalización de marcas viarias na nova pavimentación e na fase I do polígono, a actualizacións dos paneis informativos existentes e o formigonado dun total de 200 metros de beirarrúas pendentes na fase II.

O orzamento total da actuación é de 142.753,43 euros, que se vai realizar con cargo a unha liña de subvencións da Consellería de Economía, Empresa e Innovación encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.