O outono protagonista do novo número do noso mensual “O Barbanza”

18 Outubro 2021
Portada de O Barbanza 27 Outubro 2021

Un novo número da nosa publicación mensual en papel “O Barbanza”, está xa na rúa distribuindo os seus 6.000 exemplares nos concellos da comarca.

“Un outono de proxectos” é o protagonista do noso número 27 no que a comarca inicia con paso firme
(e importantes novidades) o remate do verán.

O apoio o espírito empresarial e o seu desenvolvemento, son algúns dos temas que tratamos nesta edición no que pasamos revista ós proxectos de potenciación económica coas claves na dixitalización e a diversificación dos mercados da nova Estratexia de Internacionalización 2021-2025. A industria 4.0 da man de Congalsa, quen implantará tecnoloxía de Visión Artificial nos diferentes elos da cadea do seu sistema de produción e promoverá a dixitalización das súas factorías habilitando tamén técnicas de Realidade Virtual e Aumentada.

Algúns proxectos da comarca e iniciativas das asociacións de empresarios, son tamén recolleitas en “O Barbanza” mensual que pode, ademáis de conseguirse de balde impreso, ser descargado en pdf desde a nosa web obarbanza.gal”.

Medio ambiente e turismo son outros dos temas tratados neste número no que lembramos na historia, ás heroínas de Sálvora, o enfilar o derradeiro trimestre do ano no que conmemoramos o afundimento do vapor- correo Santa Isabel e tamén os barbanceses en Mauthausen. Actividades culturais, literarias e a toponimia completan este número de outubro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.