O Obradoiro Serra do Barbanza busca docente en albanelería e pavimentos

19 Outubro 2021

Os Concellos de Ribeira e O Son informaron de que o Obradoiro de Emprego Serra do Barbanza que están a desenvolver conxuntamente os dous Gobernos locais precisa dun novo profesor para impartir a especialidade de Pavimentos e albanelería de urbanización.

Aquelas persoas interesadas deben estar inscritas na oficina de emprego de Boiro. Os requisitos que deben cumprir aquelas persoas que se desexen postular para esta praza remunerada son os seguintes:

  • A nivel académico: deben ter superada a primeira etapa de educación secundaria con título de Graduado escolar ou equivalente, con experiencia mínima de 36 meses na ocupación de albanel en xeral ou pavimentador, como oficial de primeira ou xefe de equipo.
  • Tamén se debe acreditar a competencia docente, en sintonía cos reais decretos 34/2008 e 615/2013.

Máis información nas bases do proceso de selección que están aloxadas na páxina web do Concello de Ribeira.

Dúbidas e consultas contactando coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Ribeira (andar baixo do Consistorio local)

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.