O Noia visita ao CD Barco este sábado

08 Outubro 2021

P.P. A Terceira División non para, e esta fin de semana terá lugar a xornada 5 na que a totalidade dos seus partidos disputaranse o sábado. O partido da xornada, sen lugar a dúbidas, é o que enfronta ao CD Barco, líder con pleno de vitorias e ao Noia, revelación neste inicio de liga.

Os noieses veñen coa moral polas nubes logo do triunfo fronte ao Ponteareas na casa de maneira cómoda por 3-1, e visitan ao ourensáns, que non saben o que é deixarse aínda puntos neste arranque na Terceira Federación. O Barco vén de gañar por 1-2 nun campo difícil como é o do Vilalbés. Será un encontro no que o Noia tentará xogar as súas rmas, e sobre todo, estar acertado de cara á porta, xa que neste tipo de encontros son vitais os acertos e os erros. Os de Iván Carril marchan quintos na táboa xeral con 7 puntos en catro partidos, e esperan poder voltar á vila aínda que sexa cun punto que lles sirva para manter a boa dinámica coa que veñen.

O encontro disputarase o sábado en Calabalgueiros, a partir das 19:00 horas. Espérase unha moi boa entrada logo de que a Xunta aprobase a lei da ampliación de foros ao máximo en estadios deportivos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.