O Lustres Rivas acolle a exposición de escultura “Maderas a la deriva-sílabas de Agua”, do leonés Jesús A.Martínez Lombó

11 Outubro 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas inaugurará o vindeiro venres 15 de outubroa exposición de esculturas “Maderas A la deriva- Sílabas de agua”, do artista Jesús A. Martínez Lombó. A mostra está composta por máis de corenta pezas talladas en pedra e madeira combinadas con varios poemas escritos polo propio escultor. A inauguración será ás 21.00.
As figuras que integran a exposición están compostas por un elemento escultórico engarzado en madeira ou outros materiais que o artista foi recollendo polas praias de Barbate de da Ría de Arousa.
Jesús A. Martínez Lombó é, ademáis de escultor, escritor. Publicou os libros de relatos Cuando los humeros duermen, Si tuviera que elegir e La vida de Agua, este último transcorre en Barbanza e as súas historias apoian as figuras desta exposición. En 2017 o relato de Sálvora resultou premiado no III Concurso de Relatos convocado polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
A exposición poderase visitar do 15 de outubro ó 13 de novembro, no Centro Cultural Lustres Rivas, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 e tamén os sábados de 11.00 a 14.00. A entrada é de balde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.