O Goberno galego achega preto de 47.000 euros á Asociación Misela

14 Outubro 2021

O Goberno galego achega preto de 47.000 euros á Asociación Misela

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou na mañá deste 14 de outubro as instalacións do centro de día e o centro ocupacional da Asociación Misela de persoas con diversidades funcionais e cognitivas, con sede en Noia. Nas dependencias de Misela, González Abeijón salientou que a Xunta achega, gracias á liña de axudas do 0,7% do IRPF, preto de 47.000 euros para a posta en marcha dun programa de atención temperá dirixido a nenos de 0 a 16 anos.

Ademais, lembrou que o Goberno galego vén de financiar catro novas prazas no centro ocupacional da entidade, cun custe de 40.000 euros anuais. Deste xeito, dixo, “a Xunta destina 194.000 euros a financiar 15 prazas do centro ocupacional e oito no centro de día de Misela”.

Fernando González Abeijón percorreu as instalacións e salientou o labor que alí se leva a cabo diariamente para a mellora da autonomía e da calidade de vida das persoas con discapacidade. Puido ver de primeira man o traballo que se desenvolve nos centros de Misela: actividades que axudan a avanzar no desenvolvemento social e persoal mediante a combinación de iniciativas rehabilitadoras e o traballo diario en grupo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...