O Consello de Seguridade Nuclear irrompe na mina de Sacyr en San Finx en Lousame

21 Outubro 2021


O organismo esixe á Xunta un estudo radiolóxico da mina de San Finx pola posible presenza de uranita e bloquea a reapertura ou peche da explotación ata que se lle entregue.


Maís problemas nas históricas minas de wolframio de San Finx, un enclave que recuperou primeiro o naufragado Incremento Grupo Investidor e que adquiriu a división mineira de Sacyr para a súa explotación, aínda que actualmente a actividade atópase paralizada. E así parece que continuará. O Consello de Seguridade Nuclear condicionou calquera labor de investigación, reapertura ou peche da mina de Lousame a que se lle presente e poida revisar un estudo radiolóxico que requiriu á Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta, Paula Uría.

Segundo recolle “Economía Digital Galicia” a petición do organismo competente en materia de seguridade nuclear prodúcese tras recibir a información remitida por Ecoloxistas en Acción, quen lle trasladou un estudo da Universidade de Oviedo que demostra a presenza no terreo de uranita, o material do uranio. O estudo debe englobar o período no que a mina estivo en funcionamento. “Calquera actividade de investigación, clausura ou reapertura da mina, require a revisión do estudo radiolóxico”, engade o CSD.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.