O Concello do Son súmase ás reivindicacións do 25-N cunha completa axenda de actividades contra a violencia de xénero

27 Outubro 2021

O Concello de Porto do Son vai celebrar o 25 de novembro, o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha completa axenda de actividades, presentadas baixo un epígrafe común a xeito de chamamento: Somos iguais: Porto do Son coa igualdade e contra a violencia de xénero. A primeira das actividades previstas é a creación colectiva dos murais Somos Iguais, que collerán corpo nos colexios das parroquias de Nebra e Xuño, incluíndo a realización de varias actividades complementarias de divulgación e concienciación co alumnado destes centros docentes.

A axenda tamén inclúe a proxección da curtametraxe As tres caídas de María Santiso, que se vai celebrar na Casa da Cultura de Porto do Son mobilizando aos estudantes de cuarto da ESO do IES do termo municipal. O 20 de novembro está programa a representación da obra teatral Invisibles, de Redrum Teatro, tamén na Casa da Cultura (unha obra para todos os públicos que pon o foco na reivindicación e visualización das mulleres que sufriron a violencia e que está abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña).

O programa tamén abrangue actividades terapéuticas dirixidas a mulleres con diversidades funcionais e cognitivas (en colaboración coa Asociación Acadar) e a adhesión do Concello á campaña da Deputación da Coruña do 25-N (De fronte á violencia de xénero), incluíndo o reparto de calendarios pola igualdade. Amais, o importante evento deportivo Sen-Son 10 k sumarase ás reivindicacións contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Proseguen este luns e este martes as Festas do Carme de Baroña

Baroña celebra estes días os populares e tradicionais festexos da Festa do Carme. Comezaron este domingo 14 de xullo (o día adicado a San Antón, cunha misa solemne amenizada con coro e gaiteiros e, posteriormente, unha gran sardiñada da marca Azul de Portosín) e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O mar de Foz”. Xulio Xiz

“O mar de Foz”. Xulio Xiz

Para os de terra adentro, a Mariña é territorio especial, de ostensible fervenza industrial e comercial e unha ledicia festeira na que ata as voces dos coros teñen harmónicos de mar. Fun o sábado a Foz, presentar dous libros de historia que honran a súa rica...