O Concello de Rianxo participa no XI Seminario sobre a Memoria

26 Outubro 2021

A Área de Cultura do Concello de Rianxo vén de informar da participación activa do Concello na vindeira edición do Seminario sobre a Memoria, a undécima edición, que se celebra os días 5, 6 e 7 de novembro nas localidades de Rianxo, Cuntis e Cerdedo. Contarase coa presenza de Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez (O documental como recurso para o estudo da memoria), Héctor Picallo Fuentes (Represión, morte e resistencia na terra das Augas Quentes), Marcos Seixo Pastor (Roberto Blanco Torres, “Orballo da media noite”, detido, paseado e fusilado en 1936), Susana Sánchez Aríns (O home que sacaba aos homes das casas), e Calros Solla Varela e Fernando Salgado (O Campo das Laudas, un proxecto de recuperación da memoria histórica de Cerdedo).

Segundo informan dende Nova Escola Galega, impulsora principal do seminario, a convocatoria constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar, sendo o obxectivo suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación. Amais, perséguese achegar un mellor coñecemento “do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsábel e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.