O Concello de Lousame inviste 49.000 euros na mellora da estrada Vilacoba-Vilar de Reconco

07 Outubro 2021

O Concello de Lousame vén de investir 49.000 euros na mellora de dous treitos da estrada de Vilacoba a Vilar de Reconco. Unhas obras executadas á empresa Farido SL e que están financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos POS+ 2020.

As obras, segundo informou o Goberno local, consistiron na mellora da capa de rodaxe dun quilómetro desta estrada con seis centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

A actuación comeza na intersección da estrada Vilacoba-Vilar de Reconco coa AC-308 Noia-Padrón, onde se aglomeraron os primeiros 850 metros, así como un abanico de 15×5 metros para mellora da seguridade viaria na zona.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “a maiores aglomeramos os accesos á aldea de Vilar de Reconco, continuando así co noso programa de mellorar os accesos e humanizar o interior das nosas distintas aldeas”. Neste caso, a actuación centrouse nas dúas estradas de entrada a Vilar de Reconco, que recibiron tamén unha mellora con aglomerado en quente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.