O Concello de Boiro senta os alicerces do seu compromiso co clima e a sustentabilidade

13 Outubro 2021

O Concello de Boiro vén de compartir os seus novos avances en materia de medio ambiente, coa elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentábel (PACES) que está a levar a cabo. Esta 13 de outubro celebrouse unha xuntanza á que asistiron membros do Goberno local co obxecto de presentar os resultados da análise de situación e sentar as bases do compromiso do Concello de Boiro coa redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e a mellora das súas adaptacións fronte ao cambio climático.

O Concello de Boiro adheriuse ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía limpa no 2019 co compromiso de reducir nun 40% as emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro para o 2030 a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovábeis; ou adaptarse á repercusións do cambio climático levando a cabo un inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos e vulnerabilidade derivados do cambio climático.

Na mañá deste 13 de outubro realizouse unha xornada de traballo para presentar os resultados dos consumos enerxéticos e de emisións de CO2 no ano de referencia, que neste caso foi o 2017, e establecer, dende o Concello, as medidas que se van implementar dende agora e ata o 2030 para acadar os obxectivos fixados. “Os datos”, fixo saber o Goberno local, “mostran que, no ano de referencia, un 57.7% das emisións de CO2 proveñen do transporte privado e comercial e que, en 30 anos a temperatura media aumentou nun grado e a previsión, se non se toman medias, e que continúe este aumento”.

Para levar a cabo a redacción deste Plan, o Concello de Boiro conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía sustentable.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.